Iei deixo aquí a miña impresión do ranking que se cadra é longa para escribir no grupo e axiña se convirte en cadea xD Agradecería que o lésedes con tempo e o tomásedes con seriedade, é importante para min.
O primeiro de todo é agradecer o traballo de recopilardes results de toda unha tempada e facer o ranking
E agora pasemos ao tema de sempre xD Estiven mirando agora os rankings e vexo que como mímino levo catro tempadas de primeiro en SBG (o último que consultei foi este
https://pbs.twimg.com/media/Cmb4XvoW8AANGC4.png e pon que me manteño dende o anterior (?) ). Isto, malia consideralo un logro persoal e froito de bastante traballo, xa da bastante en que pensar. 4 tempadas é moito tempo para este tipo de xogos.
Ben, e a continuación intentas extrapolar estes resultados a nivel estatal. Actualmente estou ranked 21 e pablo 22. 21 e 22 sendo, nesta tempada, o top 2 galego. O resto de xogadores xa non aparecen.
De feito, en canto a results, puxenme a mirar agora o Sonic Boom e o Tech II.
No Sonic Boom o galego que maior posición obtivo fun eu con 13th. De novo gustaríame remarcar o número, 13th. A continuación está Seton (17th), que daquela estaba de segundo no ranking, e Dark, que estaba terceiro, quedando 49th, xunto con DevilG e Wave. O resto de galegos non pasamos de pools, incluido o cuarto xogador no ranking. Non conto a pablo porque daquela ainda non estaba aqui.
A tendencia semella manterse no Tech II, aínda que desta vez parece que conseguimos pasar máis, pero, a excepción de bokken (9th), os resultados non foron destacables. Eu e samu ambos rematamos de 25th sendo actualmente top 1 e top3. O resto de galegos que conseguiron pasar de pools (que nesta comunidade xa semella ser un logro destacable de cara a performance nun nacional) obtiveron 33th Guiye e 49th Devil G, Yagg e Gebran.
Isto son os results que me parecen bastante fiables en canto a medición do nivel da nosa comunidade. Obviamente o que quero marcar e unha falta moi marcada de
nivel e representatividade estatal da comunidade. Isto pode ser un problema ou non, e iso é unha das cousas que me fixo decidir non dicir nada cando publicamos o ranking; non podes obrigar a ninguen a tomar o xogo en serio ou practicar. Hai moita xente que xoga para divertirse e esa unha perspectiva tan valida como outra.
Ainda así, eu queria expresar o meu punto de vista de cara á situación. Eu, que persoalmente sintome bastante entregado a mellorar neste xogo, non podo evitar sentirme tremendamente frustado e decepcionado ante a actitude da comunidade de cara ao smash. Isto vai en xeral, non e unha mensaxe a cada persoa, cada quen sabe o que fai e o que non.
Esta frustacion que levoa arrastrando un longo tempo pero como xa dixen non podes facer que ninguen tryhardee contra a sua vontade, pero chega un punto en que se fai extremadamente cansido e triste ver como a xente pasa de algo ao que un lle adica tanto tempo e esforzo. As veces penso que e culpa miña por non ser quen de transmitir a paixon polo xogo que eu sinto e que me motiva a practicar e estudar.
Por outra banda, tamen me doe como a xente parece deixarme caer que as veces non axudo/ non dou tips ou o que sexa e que asi claro que non melloramos. Cando noto/escoito este tipo de cousas enfadanme bastante porque parece que me tedes como un dispensador de axuda, e isto non vai asi. Poderia intentar explicarvos o xogo/ estudar mus por vos o mellor que dese o meu nivel pero penso que calqueira persoa con dous dedos de frente se decata de que isto non vai asi, e non me vou entregar a axudar alguen que e extremadamente inconsistente co xogo/ pasa de todo e non vai respostar aos meus esforzos.
Por certo isto e o que eu noto se cadra as cousas non son asi pero moitas veces por conversas e cousas asi saio con esta impresion.
(^Con respecto a este tema alegrame en parte saber que as tres/catro persoas nas que me centrei esta tempada subiran significativamente de posicion no ranking, seguide traballando asi porque sodes unha das miñas maiores esperanzas e agradezovos infinitamente a vosa resposta co titoramento)
A verdade e que chega un punto de frustracion en que non sei que facer para poder solventar isto, en serio. Chega un punto en que moitas veces me aburro xogando, e mira que son malo joder. Chega un punto en que non entendes como alguen que levaba, literalmente, +2 meses sen tocar o xogo quede segundo no torneo xogando so ese dia (e chegando pola tarde), quede de 2nd no torneo. Chega un punto en que te cuestionas se ir a torneos porque a enorme maioria da xente vai seguir xogando igual, se e que siguen xogando e non "deixaron o xogo" por x ou y motivos.
Tooodo isto e obviamente referido ao nivel obxectivo da comunidade, xa sabedes que en canto a persoas sodes absolutamente incribles e sinto ter feito verdadeiras amizades con moitxs de vos. Só quero expresar a miña frustacion de cara ao xogo actualmente
Gustariame que as cousas cambiasen dende o mais fondo de min, pero sei que non e a primeira vez que intento isto e a xente parece estar comprometida e aos 2 dias axiña se volve a practicar coas 2-3 mesmas persoas (se e que se practica) e pasar olimpicamente de estudar, xogar online etc. As ferramentas para mellorar levan ahi dende 2014.
Gustariame, sinceiramente, rematar unha tempada e non poder dicir que gañei todos os torneos. Non me parece un merito, pareceme triste por parte da comunidade coa que, supostamente, compito e convivo.
SOS a pablo a samu pola posicion
Penso que dixen todo o que queria, se me deixei algo no tinteiro editarei logo.
Un saudo