Stream OFFLINE
Nos vemos en la próxima retransmisión.
TIER C

Dragon Smash: Reborn

19/02/2022 32 Participantes
Santiago de Compostela A Coruña
Tier C

Introducción

Benvidos ao renacemento de Smash Dragon!

Os eventos de Smash volven a Santiago de Compostela da man de Kings Dragon e o centro Don Bosco.
Esperámosvos o 19 de Febreiro para unha tarde cargada de acción e emoción no regreso do Smash Dragon!
Cales son os premios?

O torneo é gratuito, pero de premio ofreceremos unhas camisetas exclusivas de Smash Dragon.

Cales son as regras?

Adoptamos o regramento oficial de SBG co formato habitual de singles. Abaixo tedes a imaxe co resumo

Onde é o torneo?

Como nas anteriores colaboracións de Kings Dragon e SBG, o evento realizarase no Centro Don Bosco en Santiago de Compostela. Tedes acceso á dirección e o google maps abaixo.

Como me apunto ao evento?

Apuntarse ao evento é moi doado:

  • Unha vez estean abertas as inscripcións so hai que escoller "Events" e logo o único evento: "Ultimate Singles"
  • Ademais, teremos un google form no que levaremos unha listaxe da asistencia así como pediremos permiso para o emprego de imaxes nas redes sociais.
Protocolo COVID-19

Dada a circunstancia actual da pandemia:

  • Será obligatorio o uso de máscara quirúrxica ou FFP2. Os organizadores disporán de quirúrxicas extra ante calquer improvisto.
  • Rógase respeito á distancia de seguridade (1,5m) na medida do posible.
Cantas prazas hai? Teño que darme présa?

En principio limitamos as prazas a 24, pero contémplase aumentar o máximo se hai moito interese

Como podo saber máis de Kings Dragon ou Smash Galicia?

Temos múltiples redes sociais:

Ademais, tamén estamos en Instagram!

Que fago se teño dúbidas?

Se tes calquer tipo de dúbida contacta co email proporcionado abaixo ou como contacto principal do evento.

Comentarios

Debes estar logeado para poder dejar comentarios.


0 comentarios Ordenar comentarios por

No hay comentarios.