Stream OFFLINE
Nos vemos en la próxima retransmisión.
TIER C

Evento Solidario - Gaming e Xogos de Mesa no Bosco

21/12/2024 32 Participantes
Rúa de Belvís, 2, 15703 Santiago de Compostela, A A Coruña
Tier C

Introducción

 
 

Benvidas ao Evento Solidario que combina gaming e xogos de mesa no centro Don Bosco!

Neste evento e xuntaremosnos por unha boa causa e teremos unha xornada agradable desfrutando da compaña, do Smash, Mario Kart e xogos de mesa!

📍 Data e localización 📍
Sábado 21 de Decembro de 2024
O evento terá lugar no Centro Don Bosco, Rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela (maps abaixo)
⏰Horarios ⏰
De 11:30 a 18:00

Recomendable estar antes en caso de inscribirse en situ ao evento de Smash

🎮 O Espazo 🎮
Ademais dos torneos, contaremos cun espazo reservado para os xogos de mesa! Así que non teredes un momento de aburrimento se xa rematachedes a ronda do torneo!
🧎‍➡️ Aforo 🧎‍♀️

O aforo máximo no torneo de Smash será de 32 participantes! Como o evento ten un carácter aberto, temos reservadas 10 prazas para xente in situ. Así que vide aínda que pareza que non tedes sitio! Poderedes xogar igual!

💰 Prezo 💰
O ''prezo'' do evento será un quilo de comida non perecedeira, ou produtos de hixiene, que irán doados á iniciativa da operación quilo!
🤼‍♀️ Colaboradores 🤼‍♂️
Nesta ocasión contamos coa colaboración da tenda de xogos de mesa local Chafarís!
📝 Regras 📝

E recomendable que cadaquen traia o seu propio mando. Ademais, as regras do evento de Smash están reflexadas na foto de abaixo.

 
 

Procedemento xeral dun torneo de Smash:

Aquí explicaremos o funcionamento xeral dun torneo, para que saibades que vos ides atopar!

  • Bracket de dobre eliminación isto é, a efectos prácticos teredes dúas vidas. Se perdedes unha partida seguiredes no torneo! É dicir, seguiredes xogando ata que perdades dúas (2) rondas
  • Os sets serán principalmente ao mellor de 3, variable respecto á asistencia e tempo dispoñible, a intención sempre é maximizar os sets a mellor de 5, polo que adaptaremosnos ás circunstancias.
  • Os participantes chamados a xogar dispoñen de 15 minutos para facer acto de presencia, se non están, asumirase que perden unha ronda. Premia estar atento!
Como funcionan os sets?

O procedemento xeral dos sets no smash competitivo é o que segue:

Primeira partida:
  • As xogadoras realizarán un pedra-papel-tesoira
  • Quen gañara procede a quitar tres (3) dos escenarios, non se xogará nese escenario.
  • Quen perdera anuncia dous (4) escenarios nos que non quere xogar
  • Quen gañara escolle un dos escenarios restantes para xogar a primeira partida
Seguintes partidas:
  • A gañadora anuncia a súa personaxe
  • A perdedora anuncia a súa personaxe
  • A gañadora da primeira partida escolle dous (3) escenarios nos que non quere xogar
  • A perderdora escolle o escenario a xogar
  • Repítese o proceso ata o fin do set

Comentarios

Debes estar logeado para poder dejar comentarios.


0 comentarios Ordenar comentarios por

No hay comentarios.