Stream OFFLINE
Nos vemos en la próxima retransmisión.

Próximas retransmisiones:


Torneo
Fecha
28/11/2026 11:00
TIER C

XOGA Sada Octubre

24/10/2026 - 25/10/2026 21 Participantes
Rúa Praia, 1, 15160 Sada A Coruña
Tier C

Introducción

⭐ QUE É XOGA SADA?
A segunda edición de XOGA Sada: dous días de videoxogos, nun formato pensado para reunir xogadores, público xeral e familias nun mesmo espazo.

XOGA Sada son as xornadas de ocio gaming e alternativo que organizamos en colaboración coa Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada. Unha fin de semana para gozar do xogo en todas as súas formas: torneos, xogo libre e ambiente de evento.


📅 CANDO?
📅 Sábado 24 de outubro — Torneos de Tekken 8 e EA Sports FC 27.
📅 Domingo 25 de outubro — Torneos de Super Smash Bros. Ultimate e Clash Royale, con xogo libre e actividades para toda a familia.

 

🕒 Horario: sábado de 12:00 a 21:00 e domingo de 12:00 a 20:30.




🎮 TORNEOS E HORARIOS
FORMATO

Os torneos teñen un custo de 5€ por inscrición. O gañador de cada torneo levará un trofeo e merchandising de colaboradores.

As horas indicadas son de inicio. A inscrición presencial abrirase media hora antes de cada torneo.


📅 SÁBADO 17 DE OUTUBRO
Hora Torneo
16:00 Tekken 8
17:30 EA Sports FC 27
📅 DOMINGO 18 DE OUTUBRO
Hora Torneo
16:00 Super Smash Bros. Ultimate
17:00 Clash Royale




🎟️ CANTO CUSTA A ENTRADA?
A entrada ao evento é gratuíta. Só pagas se queres participar nun torneo.
Concepto Prezo
Entrada ao evento Gratuíta
Inscrición a cada torneo 5€
Para participar nun torneo é necesario confirmar a asistencia no evento e formalizar a inscrición no propio local.




📍 ONDE?
O evento celébrase na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada, en C. da Praia, 1, 15160 Sada, A Coruña.




🕹️ ACTIVIDADES PARALELAS
Ademais dos torneos, durante toda a xornada poderás xogar e probar:
  • Maquina de baile.
  • Varios setups de xogo libre con títulos para toda a familia.
  • Máis sorpresas.




📋 NORMAS
Normas xerais
  1. É necesario confirmar a asistencia no evento para participar en calquera torneo.
  2. A inscrición faise presencialmente e abre media hora antes do inicio de cada torneo.
  3. Tras ser chamado a unha partida, tes 10 minutos para presentarte no setup asignado.
  4. Pedimos respecto cara a xogadores, público e organización. Calquera comportamento inadecuado poderá supoñer a descalificación e a expulsión do recinto.
  5. Queda prohibido o uso de calquera modificación de software ou hardware non permitida na competición.
  6. Os mandos e periféricos son responsabilidade de cada xogador. Recoméndase traer o propio mando.
  7. As decisións da organización son definitivas durante o evento.
  8. Queda prohibido introducir comida e bebida do exterior sen autorización expresa da organización. Exceptúanse os alimentos especiais por alerxias ou intolerancias.
  9. O regulamento específico de cada xogo explicarase antes de cada torneo.

 

─────────────────────────────────────────────────────────

AVISO LEGAL

XOGA Sada é un evento organizado por StarUP e Wizards Master of the Game, S.L. StarUP e Wizards Master of the Game, S.L. non están afiliadas, asociadas, autorizadas, respaldadas nin vinculadas de ningunha forma cos titulares dos dereitos dos videoxogos presentes neste evento.

Todos os nomes, logotipos, personaxes, marcas e dereitos de propiedade intelectual de Tekken 8, EA Sports FC 27, Super Smash Bros. Ultimate, Clash Royale e calquera outro título mencionado son propiedade exclusiva dos seus respectivos titulares.

O uso destes nomes realízase unicamente con fins informativos e de identificación do torneo, sen ánimo de lucro sobre os dereitos das marcas.

Comentarios

Debes estar logeado para poder dejar comentarios.


0 comentarios Ordenar comentarios por

No hay comentarios.